viernes, 8 de marzo de 2013

101 DÁLMATAS

Vimos a película dos 101 dálmatas . Contáronme o que ocurría na película e pregunteilles se 101 eran moitos ou poucos cans , non dubidaron en responder que eran moitos .
Pregunteilles se querían ver cantos eran e dixeron que sí.
Noutra sesión fixemos o pactado , preparei  os 101 dálamatas e 99 números ( polo calendario a maior parte dos nen@s , xa coñecen ata o 31 , e máis números ... ) .
Comezamos ordeando os números , do 1-9 , 10 - 19 , 20 -29, 30 -39 ... e así sucesivamente a ta chegar o 99. Unha vez ordeados en filas , empezamos a contalos cans , cada nen@ collía 10 cans e numerábaos , comprobamos que non nos chegou toda  a clase para facer a fila e tivemos que dar volta , e cando colocaron o 99 , pregunteilles  como escribo  o 100 e  101 ... e solucionárono sen axuda .
Canto contamos !!! .

Outras actividades que realizamos :
  • Colocamos os cans enriba das mesas  e cada nen@ buscaba o maior número posible de parellas ( xa que os debuxos dos dálmatas se repetían ) .
  • Collemos 10 parellas de cans , dámoslle a volta ,e por turnos intentamos buscar parellas .
  • Facemos series de cans e temos que continualas.
  • E continuaremos traballando agrupacións , sumando , restando , traballando a lateralidade pola posición que teñen ... e o que vaia xurdindo .

No hay comentarios:

Publicar un comentario