lunes, 4 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ

Coma tódolos anos celebramos o Día da Paz , con moitos xogos cooperativos ,  que realizamos en equipos con nen@s de distintas idades , e cun mural que elaboramos entre tódolos nen@s do colexio .
As fotos están na páxina web do noso colexio.

A nivel de clase traballamos a paz , a través de dous contos :


Hoxe, na escola enfadáronse a Parrula e o Cabuxiño . Un álbum divertido onde cada un explica a súa versión dos feitos, coma se fosen dous contos, segundo se se mira por un lado ou polo outro... Unha historia de enfado e reconciliación.... Un libro con dúas portadas! .



Topi e Popi, dúas pequenas toupas queren xogar xuntas. Popi quere levantar un grande outeiro, pero Topi prefire cavar un profundo burato. E, sobre todo, ningún dos dous quere ceder. Así non poden saír ben as cousas, verdade? .



Aprendimos este pequeno poema :

  Que voen !
 Que voen!
         a paz e o amor
                         para que o noso mundo
                 sexa moito mellor .

O poema representámolo debuxando a pomba en forma de corazón ,
e na boca cunha variña levando o amor polo mundo .















No hay comentarios:

Publicar un comentario