jueves, 28 de junio de 2012

GRAZAS !!!

Xa pasou un curso , no que fomos deixando "as nosas pegadas " : pegadas cheas de creatividade , imaxinación , xogo , diversión , ilusión , ledicia e moito traballo ... Espero que algo  quede no voso recordo .
Moitas grazas ,en primeiro lugar os nen@s  por todo o traballo realizado , grazas a eles existe o noso blog .
En segundo lugar os pais , pola súa colaboración en todo momento .
En terceiro lugar os meus compañeir@s que me botaron unnha man cando o necesitei : Geli , Lucía , Rafa e Teresa .
E por último darvos as grazas a tod@s os que seguides o blog , como aínda somos " noviñ@s " nesto , sei que temos moito que mellorar , que cometín erros , mais foi un traballo feito con ilusión e moi gratificante para mín e para os nen@s.

PEIXES FEITOS CON PAPEL CHARÓN

Cada nen@ debuxou  o corpo e as  aletas do peixe en papel charón , recortaron e decoraron libremente .

O CABALIÑO DE MAR

Traballamos  cun conto de Eric Carle
 Fixemos  a "don caballito" , mollando anaquiños de papel pinocho en auga .
 Démoslle o fondo con pintura de dedos diluída en auga , utilizando un rodillo .
 Pintamos as algas con ceras brandas.

lunes, 18 de junio de 2012

PEIXES FEITOS CON PASTEL

Así quedaron  os nosos peixes feitos con pastel , utilizando libremente o espazo , as cores , o único que tivemos que respetar foi o tamaño , tiñan que ser grandes .  Que artistas !!!!!!!!!


domingo, 17 de junio de 2012

DIEZ PECECITOS

    Traballamos  a ordeación decrecente con esta canción .

   

lunes, 11 de junio de 2012

FONDO MARIÑO

Utilizamos as pegadas das nosas mans para facer un polbo , un peixe e un cangrexo . Este foi o resultado :

sábado, 9 de junio de 2012